O vindeiro mércores, 22 de xullo, terá lugar a xornada de lanzamento do proxecto SABERES DO MONTE, unha iniciativa impulsada pola Fundación Juana de Vega xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Asociación Galega de Custodia do Territorio.
O proxecto ten a finalidade de conservar e recuperar hábitats de alto valor ecolóxico en cinco zonas de montaña de Galicia (Serra do Xistral, Negueira de Muñiz, Os Ancares, O Courel e Serra da Groba), grazas ao traballo da poboación local. Para iso, promove as actividades ligadas ao territorio, como a gandería extensiva, o manexo tradicional de cabalos en liberdade, a apicultura e o ecoturismo.
📆 Mércores, 22 de xullo
⌚ 10:30 – 13:30h
📍 Sede da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo)
Clic para inscribirse: https://7ror8.r.a.d.sendibm1.com/mk/cl/f/sh/SMK1E8tHeGSV37OpvhLVkY7OpC68/H6_WC28oMsFW



Recent Comments