Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

Río Navia

Encoro de Grandas de Salime

Atravesado polo río Navia

Negueira de Muñiz é un paraíso natural atravesado polo río Navia, un dos ríos máis importantes da vertente cantábrica cun percorrido de 159 km. As súas augas cristalinas bañan o noso territorio para enchelo de gran beleza que podes gozar no teu tempo de lecer, un lugar ideal tamén para os amantes da pesca.

Un camiño natural do noso concello

Descubre o tramo do río Navia no noso concello, cruzalo en barco desde Cancio ata Vilaseca, goza das áreas recreativas que te invitan ao relax, das incribles fervenzas e do encoro de Grandas de Salime construído entre 1945 e 1952, un encoro hidroeléctrico con instalacións adornadas con diferentes murais e o miradoiro coñecido como Boca de la Ballena.

Aproveita o tempo de lecer e ven a gozar do turismo en Negueira de Muñiz. As ribeiras do Río Navia e os arredores do encoro de Salime son espazos únicos onde se poden realizar actividades recreativas e deportivas para todos os públicos, incluídos os días de pesca.