Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

Casa Vizcaín

Casa Vizcaín é unha típica casa de aldea cunha decoración moi coidada en cada habitación, onde a madeira acompaña á pedra proporcionando calor, habitacións dobres con baño, moi acolledor con todas as comodidades necesarias, aparcamento, accesible para persoas con discapacidade, sala de estar, bar, comedor, horta e xardín ao aire libre. Tamén permiten mascotas previa consulta.

Un lugar acolledor

Se buscas un lugar para descansar e gozar ao mesmo tempo, Casa Vizcaín é o lugar axeitado, así como a oportunidade de coñecer todo o medio rural de Negueira co seu complexo patrimonial e practicar deportes ao aire libre, montañismo ou pesca fluvial na natureza. .

Na Casa Vizcaín podes gozar no teu xardín e saborear as delicias culinarias da zona, almorzos, xantares e ceas con produtos naturais e artesanais son outro dos atractivos que xunto co prezo moi accesible para todos os petos o fan ideal para esa escapada inesquecible.

Fai un descanso e renova as túas enerxías disfrutando do turismo rural en Negueira de Muñiz, dentro das Reservas da Biosfera e da Rede Natura 2000.

Contacto telefónico

+34 982 35 33 09

Negueira de Muñiz 31, 27113 Lugo, España