Sométese a consulta pública na portal web da Consellería de Medio ambiente, por un prazo de trinta días hábiles, o documento ambiental estratéxico e mais o borrador do Plan básico municipal do Concello de Negueira de Muñiz.
No caso de que este órgano ambiental determine que é necesario someter o plan ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica, as observacións e suxestións recibidas serán tidas en conta tamén na elaboración do documento de alcance do estudo ambiental estratéxico (artigo 31.2.a da Lei 21/2013).
As observacións e suxestións poderán ser formuladas por calquera das seguintes canles:
- A través do formulario informático habilitado no portal web desta consellería ( https://cmatv.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto )
- Através do correo electrónico: avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal
- Mediante escrito presentado na sede electrónica da Xunta de Galicia (formulario MT202K) ou na Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.
En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións e suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), e facilitará tamén os datos de contacto.
O informe ambiental estratéxico que se formule tras o período de consultas farase público no Diario Oficial de Galicia e no portal de Internet da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
- Data de inicio do período de consulta 28/05/2024
- Data de remate do período de consulta 09/07/2024