A Deputación Provincial de Lugo, a través do Programa “EPARADIXITALIZARSE LUGO” impartirá o Curso SINATURA DIXITAL, CH@AVE 365, CERTIFICADOS DIXITAIS, APLICACIÓN SERGAS E FACENDA… os días 12, 14, 19, 21 e 26 de xaneiro de 2026 en horario de 9:30 a 13:00 no Local Social de Negueira.
- A través desta formación aprenderemos de maneira sinxela e práctica a desenvolverse no entorno dixital das administracións públicas.
- A formación permitirá coñecer e utilizar a sinatura dixital, o sistema Ch@ve 365 e diferentes certificados electrónicos, ferramentas clave para realizar xestións sen necesidade de desprazamentos.
- Ademáis o alumnado aprenderá a manexar aplicacións útiles no día a día, como as apps do SERGAS para citas médicas, a sede electrónica da Axencia Tributaria para trámites con Facenda, así como os portais online da Xunta de Galicia, Deputación e concelllos.
- Os Participantes descubrirán o fácil que resulta actuar ante as administracións públicas de forma segura, rápida e autónoma.


