O vindeiro martes, 24 de marzo, levarase a cabo unha xuntanza informativa para organizar a campaña de loita contra a vespa velutina no noso municipio.
O obxectivo desta reunión é explicar o funcionamento das trampas, os períodos máis eficaces para a súa colocación e coordinar o reparto de material entre os interesados. A colaboración cidadá nesta fase de primavera é fundamental para reducir o impacto desta especie invasora e protexer a nosa biodiversidade e produción local.
-
Data: 24 de marzo
-
Hora: 12:00 h
-
Lugar: Local Social do Concello
Agardamos a vosa asistencia e participación.



Recent Comments