Dende o día 01/07/2020 pódese solicitar nas dependencias do Concello a Tarxeta Moedeiro, para aquela persoas que non teñan ingresos e non estean a percibir rentas. A tarxeta será entregada por Cruz Vermella, e terá unha cuanía en función do número de membros da unidade familiar. Será recargada mensualmente durante 3 meses. O seu uso estará limitado a establecementos de alimentación, hixiene e farmacia. Para a xustificación é imprescindible o gardado dos tickets ou facturas dos establecementos. (Para unha información máis detallada prema no seguinte enlace)
Nota informativa Tarxeta_Moedeiro