Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

MUSICOTERAPIA

OBRADOIRO DE MUSICOTERAPIA

Lugar de celebración: Local Social de Negueira de Muñiz

Data: 29 de Abril do 2025

Horario: de 16.30  a 20.30

Inscripcións: nos Servizos Sociais do Concello ou a través da web https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais

 Oxectivos:

  • Previr e axudar a incrementar/ restablecer a saúde física e mental a través da música.
  • Promover o mantemento cognitivo, social, motriz e emocional.
  • Conseguir benestar, tranquilidade e sentimentos positivos de autorrealización, así mesmo beneficiarse a nivel cognitivo e motor.

Programa:

  • Definir / reflexionar sobre o son, o ruído, o silencio e a música.
  • Identificar estilos de música adecuados o grupo.
  • Dar a coñecer tipos de música que promoven diferentes estados de ánimo.
  • Traballar co corpo e a voz percibindo sensacións musicais.
  • Cantar cancións que traballen os recordos, especialmente folclore galego.
  • Tocar instrumentos musicais fomentando a creatividade, imaxinación e realización persoal.
  • Baile que facilite momentos lúdicos e de distensión con sinxelos movementos corporais

Dirixido a:  Poboación en xeral.

Profesor: Damián Cairo Touriño. Profesor de música. Conservatorio profesional de A Coruña.