O Concello de Negueira de Muñiz incorpora ao seu parque móbil unha autoformigoneira de 3,5 m³ de capacidade real de amasado, un novo equipamento que permitirá mellorar e axilizar a execución de numerosas obras e actuacións municipais, incrementando a eficacia dos servizos prestados á veciñanza.
Esta adquisición foi posible grazas á colaboración da Excma. Deputación Provincial de Lugo, cuxo apoio económico resultou fundamental para facer realidade este investimento.
O importe total da adquisición ascendeu a 153.065,00 €, dos cales a Excma. Deputación Provincial de Lugo financiou 145.411,75 €, mentres que o Concello de Negueira de Muñiz achegou 7.653,25 € con fondos propios.



Recent Comments