O Concello de Negueira de Muñiz ven de rematar a obra «Mellora do vial municipal Pieiga – Vilaseca», coa que se melloraron 2,3 km deste vial.por un importe total de 50.965,20 €.
As obras, executadas pola mercantil SAEF SL, puideron levarse a cabo grazas a axuda outorgada a este Concello pola Axencia galega de desenvolvemento rural ao abeiro da súa Resolución de data 28 de febreiro de 2023, para a concesión directa das axudas correspondentes ao Plan de mellora de Camiños rurais 2023-2024, cofinanciado con Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, en réxime de concorrencia non competitiva, por importe de 42.103,00 € (nº de expediente PM23-0280).