Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

En datas recentes se rematou a mellora do vial municipal Santalla-Cancio, obra adscrita ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024), executada pola empresa SAEF SLU, e o estudo da rede viaria municipal, de cuxa elaboración se encargou o gabinete técnico A3 Proxectos.

A mellora do vial municipal contou cunha axuda de 42.141,00 €, mentres que a axuda outorgada para a elaboración do estudo integral da rede viaria foi de 10.000,00 €.