Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

Faise público o acordo do 6 de febreiro do 2025, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica en O Foxo, no concello de Negueira de Muñiz (Expediente 2021/49-ATE).

Con data 21 de setembro do 2023 o Consello da Xunta ditou Acordo polo que se outorgan á empresa Viesgo Distribución Eléctrica S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción, y se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Nova LAT e CT baixo poste en Foxo (OPA 1-58163), no Concello de Negueira de Muñiz. Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, se convoca a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, para que comparezan os días 9, 10 e 11 de abril do 2025 no Concello de Negueira de Muñiz, sinalado como punto de reunión para levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas.

Pode descargar o acordo clicando en ACORDO__ACTAS_CON_RBD