Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, industria e innovación, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Negueira de Muñiz (expediente 2021/49 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: rúa Isabel Torres, 25, 39011 Santander.

Denominación: nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1_58163.

Para acceder ao texto da Resolución, prema aquí