Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

A Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU),  e a Deputación de Lugo ponen en marcha o programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si, unha iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuíta a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as accións do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra. En cada unha destas comarcas realizarase unha presentación e un almorzo de traballo no que participarán 25 mulleres de cada unha das zonas obxecto da inicaitiva, coa finalidade de crear sinerxias e fomentar o intercambio de experiencias entre elas.

Nunha segunda fase do proxecto participarán unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo, as cales recibirán unha formación e un asesoramento personalizados, que irán  dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

Xuntamos a este correo cartelería e trípticos de Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si, e solicitamos a vosa cooperación para a difusión da iniciativa.

Está aberto o prazo de inscripción para a edición da comarca de A Fonsagrada, a presentación terá lugar o 11 de xullo ás 11:30h no Concello da Fonsagrada e o 2 de Agosto celebrarase un Almorzo GRATUITO para que as emprendedoras e empresarias da comarca se coñezan.
Para inscricións, información e consultas poden chamar ao 982 226 991 / 655947735
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.