Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

O vindeiro 3 de xullo visitaremos a zona do Cabo Ortegal pasando por Cariño, Mirador de Herbeira, e o fermoso Santuario de Santo André de Teixido ao que, como di o refrán, «vai de morto quen non foi de vivo». Está previsto que se o tempo acompaña realicemos unha ruta en barco no que poderemos disfrutar da marabillosa paisaxe. Animarvos a viaxar e anotarvos o antes posible xa que as prazas son limitadas.