Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

Por Resolucións de Alcaldía de data 16 de decembro de 2022 e 19 de decembro de 2022, aprobáronse as bases que, ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, rexerán, respectivamente, a provisión das seguintes prazas:

1.- Polo sistema de concurso-oposición, unha praza de Oficial de primeira de Servizos diversos

2.- Polo sistema de concurso, unha praza de Enxeñeiro Técnico Forestal, unha praza de Auxiliar de Axuda no fogar e limpadora (quenda completa) e unha praza de Auxiliar de axuda no fogar (4 horas)

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na web deste Concello: www.concellodenegueira.es

Pode ver a publicación no BOP premendo en Bases 26_12_2022 4 plazas