Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

Por Resolución de Alcaldía de data 15 de decembro de 2022, resólvese aprobar a proposta do Tribunal respecto da contratación, como persoal laboral fixo, dos candidatos que obtiveron unha maior puntuación nos seus respectivos procesos de estabilización. Concédeselles, así, en cumprimento do establecido no art. 10 das Bases reguladoras e no art. 33 do RD 364/1995, un prazo de cinco días hábiles para que presenten a seguinte documentación:

1.- Fotocopia do DNI, que se deberán presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa;
2.- Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto;
3.- Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das Administracións Públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente;
4.- Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados;
5.- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria.

Para descargar a Resolución, pode clicar en Decreto aceptación selección y llamamiento