Para beneficiarte do Bono Cultura tes que ser maior de idade e residir en Galicia. Para usalo deberás empregar unha aplicación no teu móbil. Unha vez descargado da web poderás usalo tantas veces como desexes nos establecementos identificados, ata consumir a contía dispoñible (50 €).
Tes ata o 31 de decembro para facer as túas compras en librarías, museos, tendas de videoxogos, música…