Concello de Negueira de Muñiz

Teléfono

+34 982 35 33 03

negueira@hotmail.es

A Deputación de Lugo está a desenvolver, xunto coas Deputacións de Cáceres e Badaxoz, os territorios da Serra Norte e da Serra Oeste de Madrid,  Terras de Iranzu en Navarra e a Federación de asociacións e municipios con centrais hidroeléctricas e encoros (FEMEMBALSES); o proxecto para a creación da  experiencia «Turismo de Encoros de España», seleccionado ao abeiro do programa  Experiencias  Turismo  España e financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España- Next Generation EU.

Dentro das actuacións a desenvolver atópase a celebración dun programa de actividades gratuítas denominado ENCORO AVENTURA que, de xeito simultaneo, celebrarase en todos os territorios membros do proxecto entre o 28 de xuño e o 13 de xullo do 2025. Este programa pretende ser un escaparate das posibilidades que ofrecen os nosos encoros para o desfrute de actividades ligadas ao turismo sostible e que ensalcen os valores do territorio.

No caso da provincia de Lugo, as actividades teñen previsto realizarse en diferentes localizacións do territorio, entre elas o concello de Negueira de Muñiz. Máis concretamente, estaríamos falando da seguinte experiencia:

1.-Baixo as estrelas de Negueira de Muñiz  o sábado 28 de xuño do 2025.

Descripción: Roteiro gastronómico onde se visitará un produtor local e unha adega e que finalizará cunha sesión de observación astronómica guiada por un experto.

Duración da actividade: 5:00 horas.

Número de participantes: 12 persoas.

O periodo de inscrición abriuse onte, mércores día 18 de xuño,  e poderase realizar a través da web https://bit.ly/turembalses-lugo  ata completar prazas.