Se es cidadán español ou estranxeiro, maior de idade ou menor emancipado e tes DNI ou NIE, podes solicitar gratuitamente o teu Certificado Dixital de Persoa Física.
📍 Lugar: Local Social do Concello de Negueira de Muñiz
🗓️ Data: Xoves, 5 de marzo
Neste evento poderás xestionar o teu certificado dixital, que che permitirá:
✅ Asinar electronicamente documentos
✅ Presentar e liquidar impostos
✅ Consultar multas e padrón
✅ Solicitar subvencións
✅ Realizar trámites coa Administración sen desprazamentos
Co teu certificado poderás identificarte e asinar de maneira segura en Internet, aforrando tempo e evitando esperas innecesarias.
Tamén terás información sobre o sistema Cl@ve Permanente, que che permite acceder con frecuencia aos servizos electrónicos con usuario, contrasinal e un código de verificación por SMS para maior seguridade.



Recent Comments