NEGUEIRA DE MUÑIZ
Dámosvos a benvida ao portal virtual de Negueira de Muñiz. Unha ferramenta creada co obxectivo de canalizar a comunicación, dar máis visibilidade ao noso municipio, facilitar trámites, promover o turismo e ofrecer unha mellor atención á cidadanía.
Acceso a Negueira de Muñiz
de Porto do Acebo.
servizos do concello
accede aos diferentes servizos e información de interese que che ofrece o noso Concello
NOVAS PUBLICACIÓNS DE INTERESE
APORTACIONES DE LA EXCMA. DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO AL PLAN DIPUTACIÓN 2025/26 EN NEGUEIRA DE MUÑIZ
En...
Aprobación do Padrón do SAF de febreiro de 2026
O día 23...
Resultados del proceso «Reforzo do emprego 2025»
Se hacen...
Listado de admitidos y examen «Reforzo do emprego 2025»
Faise...
REUNIÓN INFORMATIVA: CAMPAÑA DE TRAMPEO DA VESPA VELUTINA
O...
Aprobación do padrón do SAF de Xaneiro de 2026
O día 2...
Negueira de Muñiz, un paraíso por descubrir
Un concello que respira natureza en todos os seus puntos cardinais.
Situado no extremo oriental da provincia de Lugo, entre A Fonsagrada e a veciña Asturias, cunha extensión de 72,26 quilómetros e unha poboación de 215 habitantes, distribuídos en seis parroquias: Barcela, Marentes, Ouviaño, Río do Porto, San Pedro. de Ernes, e Negueira.
Desde 1928, esta fermosa terra montañosa recibe o nome de José Antonio Muñiz Alvarez.
Un lugar que atesoura un patrimonio paisaxístico case virxinal, onde flora e fauna transmiten serenidade. Poseedores dun valioso patrimonio arquitectónico, cultura e tradicións vivas. Gastronomía de auténticos sabores pola súa produción artesanal, a simpatía en cada habitante cunha hospitalidade xenerosa e aberta e a fortuna de viños aromáticos de cepas ancestrais. Todo un conxunto de matices que fan que esta terra, en todo e en todo, teña alma.
Patrimonio
O noso patrimonio arquitectónico reflíctese en igrexas como a de San Salvador de finais do século XV ou principios do XVI, o templo rural de Santiago de Ouviaño, varias capelas singulares ou a arquitectura civil destacada na ponte de Boadil do século XX. As casas de grosos muros de pedra e tellados de lousa a catro augas e os nosos hórreos son construcións típicas da nosa contorna. Tamén o patrimonio paisaxístico que nos rodea está cheo de encanto natural, onde flora e fauna conviven en liberdade.
Turismo
Dende Negueira de Muñiz convidámosvos a gozar da tranquilidade, do aire puro, da natureza máis auténtica, do patrimonio e da nosa cultura. Amantes dos deportes de montaña, tedes aquí o lugar ideal en calquera época do ano para practicalo. Desconectar do bulicio diario e relaxarse no medio da natureza é un dos motivos para vir coñecernos. Descubrirás un entorno fascinante, xente cunha cordialidade exquisita, monumentos e lugares que falan por si sós.










